08/10/09

A Orquestra Sinfónica estrea a ópera 'Amor Vedado'

OSG fai hoxe a estrea mundial de 'Amor vedado', a única ópera de Andrés Gaos (1874-1959), no cincuentenario da súa morte. A estrea terá lugar no Palacio da Ópera da Coruña hoxe ás 20h30 e contará coas voces da soprano Marta Matheu, o tenor Albert Montserrat e o barítono José Antonio López. O coro da OSG que dirixe Joan Company completa o apartado de voces dunha estrea que está dirixida polo titular da orquestra, Vítor Pablo Pérez.
Este espectáculo encabeza o calendario de actividades que a OSG pon en marcha no 'Ano Gaos' e que incluirá tamén a gravación de toda a obra sinfónica e camerística do compositor galego entre outros eventos programados.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário