A Asociación de Escritores en Lingua Galega anímanos a celebrar o 24 de febreiro, o Día de Rosalía, coincidindo co 175 aniversario do seu nacemento. Para coñecelas picade na imaxe. Ademais das propostas que nos fai a Asociación de Escritores, podemos lembrala de mil xeitos: léndoa, recitándoa, escoitándoa na voz dos nosos músicos e mesmo botando unhas risas á súa conta. Dous exemplos:
E mentres preparamos os disfraces, nunca está de máis un pouco de información organizada, a que nos achega esta presentación do noso compañeiro Lourenzo Álvarez, ao que lle agradecemos que comparta con nós o seu saber.
As vítimas da violencia, en calquera das súas formas, son algo máis que números; son persoas cuxas voces non acostumamos a oír pero que terán historias semellantes ás destes microrrelatos. Agardamos que vos gusten.
Atentado en Bruxelas
Máis terrorismo
Ela tiña vinte e sete anos, el vinte e oito. Ela era arquitecta, el
construtor.
Non se coñecían, pero estaban xuntos nun cuarto de hospital loitando polas
súas vidas. Un ataque
terrorista leváraos alí.
Lendo as últimas novas dun xornal sentiron xuntos a tristeza, a dor da
xenofobia na Praza da Bolsa.
(Xulia Boo)
Guerra en Siria
Nunca tiven medo
Somos pouco máis de cen persoas as que vivimos no barrio do Gato; unhas con
máis comodidades cás outras, pero vivimos.
Non teño a sorte de ter moitos xoguetes, como Vamar; pero tampouco teño a
desgraza de durmir no chan, como Simi.
Dá noxo que este tranquilo “Gato” reciba, día e noite, bombardeos
constantes, non cres?
Quen dixo que co galego non se chega máis ala do Bierzo? O poemario Celebración, do poeta de Taragoña Gonzalo Hermo,acaba de recibir este importante galardón, polo que queremos facerlle chegar a nosa noraboa.
Agardamos ter esta obra en breve na nosa biblioteca, para que todos poidamos gozar da súa lectura.Mentres tanto, podedes ver o booktrailer ou coñecer un pouco máis ao seu autor picando na foto.
Benvidos a todos/as, comezamos un novo curso e con el unha nova etapa para traballar arreo a prol da lingua e da cultura galega. E como comezamos forte, suxerímosvos que vaiades ver a película que tedes a seguir. Dende logo, en Galicia verémola en Lingua Galega, como non podía ser doutro xeito.
Preestrea o 29 en Vigo e en outubro por fin nos cines!
Para comezar o curso con boas novas. Non a perdades.
O venres estréase nos cines Maimiño e o espello máxico, a primeira película de animación galego-cubana.
Con
máis de 60 copias nos cines de toda España, Maimiño lanzarase en cine
comercial o 8 de maio nunha ambiciosa distribución a nivel nacional.
Estreada en Cuba no 2014, converteuse con rapidez na película máis
taquilleira da historia no país caribeño.
A película conta coa participación de Televisión de Galicia,
AGADIC, TVE e Ibermedia, e foi posible grazas á coprodución da
empresa galega Ficción Producciones xunto aos Estudios de Animación do
Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos de La Habana
(ICAIC).
Maimiño, unha versión libre do autor cubano José Martí do
conto de Pulgarcito, será previsiblemente a única
película galega de animación que se presentará nas salas comerciais en
este ano 2015.
Os actores galegos María Castro, María Pujalte, Antonio Mourelos, Xosé A. Touriñán, Marcos
Pereiro, Carlos Blanco, Tacho González, Luís Iglesia, Monti Castiñeiras,
entre outros, foron os encargados de poñer voz á historia dun pequeno
campesiño que para sacar a súa familia da pobreza inicia un longo camiño
cheo de aventuras que tamén o levará a encontrar á princesa dos seus
soños. Unha película que ensinará aos nenos que “o saber pode máis ca
forza” e que ensalzará valores como o amor, a amizade, a honra e a
xustiza social.
Con este lema, Queremos galego convócanos o domingo a unha manifestación polo futuro da nosa lingua, á que vos animamos a asistir. Como nos dixeron hai uns días desde a RAG, " a nosa lingua é un tesouro, non un problema". Pero o feito é que está tendo algúns problemas aos que entre todos debemos buscarlles solución.
E asistiremos de xeito festivo, cantando unha coñecida canción de Migallas, "O rap da lingua", que vos deixamos aquí para que vaiades aprendendo:
Acabamos o ano con monicreques e comezamos este con banda deseñada. Acaba de botar a andar Noveno 9 , a nova revista dixital que vén de presentar o alumnado da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético, un espazo formativo que conta coa presenza (docente) de artistas galegos do talle de Kiko da Silva (director), Fran Bueno, Fernando Iglesias, Miguel Porto e Rodrigo Cota.Se queres acceder á súa web e descargar o primeiro número clica na imaxe. Hache gustar.
Por fin temos xa nas carteleiras do país a película baseada no libro de Eduardo Blanco Amor. Se tedes oportunidades, non deixedes de vela. Este é o tráiler.
E como o outono segue, dende o EDL
enviámosvos un enlace á paxina de Política Lingüística, onde podedes
atopar toda unha serie de recursos para traballar esta estación.
De feito, podedes encontrar información sobre produtos típicos destas datas como a castaña, traballos interesantes sobre a vendima e incluso
curtametraxes sobre relatos da literatura galega. Clicade na imaxe.
Unha suxestión musical para que visitedes estas vacacións: un karaoke con cancións en galego de tódolos estilos e grupos: Quempallou, Berrogüetto, Nao, Ruxe Ruxe. Para acceder clica na imaxe.
Van chegando máis novidades sobre Vidal Bolaño. Un ano máis, o CPI dos Dices achéganos un documento valioso para achegarnos a figura do dramaturgo. Dámoslles as grazas polo seu traballo
E para seguir informándose, a web do autor. Clicade na imaxe.
Efectivamente, desde a semana pasada os galegos que xogamos ao Apalabrados nos nosos móbiles xa podemos facelo na nosa lingua. Para os que non o coñezan, é un xogo de composición de palabras, semellante ao tradicional scrable, que podes xogar con quen queiras a través dun smartphone.
Animádevos. Podedes baixalo desde un móbil de xeito gratuíto.