Benvidos a todos/as, comezamos un novo curso e con el unha nova etapa para traballar arreo a prol da lingua e da cultura galega. E como comezamos forte, suxerímosvos que vaiades ver a película que tedes a seguir. Dende logo, en Galicia verémola en Lingua Galega, como non podía ser doutro xeito.
Preestrea o 29 en Vigo e en outubro por fin nos cines!
Para comezar o curso con boas novas. Non a perdades.
O venres estréase nos cines Maimiño e o espello máxico, a primeira película de animación galego-cubana.
Con
máis de 60 copias nos cines de toda España, Maimiño lanzarase en cine
comercial o 8 de maio nunha ambiciosa distribución a nivel nacional.
Estreada en Cuba no 2014, converteuse con rapidez na película máis
taquilleira da historia no país caribeño.
A película conta coa participación de Televisión de Galicia,
AGADIC, TVE e Ibermedia, e foi posible grazas á coprodución da
empresa galega Ficción Producciones xunto aos Estudios de Animación do
Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos de La Habana
(ICAIC).
Maimiño, unha versión libre do autor cubano José Martí do
conto de Pulgarcito, será previsiblemente a única
película galega de animación que se presentará nas salas comerciais en
este ano 2015.
Os actores galegos María Castro, María Pujalte, Antonio Mourelos, Xosé A. Touriñán, Marcos
Pereiro, Carlos Blanco, Tacho González, Luís Iglesia, Monti Castiñeiras,
entre outros, foron os encargados de poñer voz á historia dun pequeno
campesiño que para sacar a súa familia da pobreza inicia un longo camiño
cheo de aventuras que tamén o levará a encontrar á princesa dos seus
soños. Unha película que ensinará aos nenos que “o saber pode máis ca
forza” e que ensalzará valores como o amor, a amizade, a honra e a
xustiza social.
Por fin temos xa nas carteleiras do país a película baseada no libro de Eduardo Blanco Amor. Se tedes oportunidades, non deixedes de vela. Este é o tráiler.
E por fin chega aos cines O apóstolo, a primeira película en animación stop-motion estereoscópica feita en Europa..
Máis de 200 profesionais participaron nesta película, entre eles especialistas en capturar 3D, e
animadores modelmakers de todo o mundo, con experiencia en producións como "Coraline", "A Noiva Cadáver " ou a triloxía" O Señor dos Aneis ".
A películta conta un conto sombrío de misterio situado no Camiño de Santiago, no que se mestura humor, suspense e fantasía.
O protagonista, un prisioneiro que recentemente escapou da prisión, verase envolto en acontecementos estraños e perturbadores ao intentar recuperar un botín que anos atrás fora escondido nunha aldea remota nesta ruta. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, un cura peculiar, e o mesmo
Arcipreste de Santiago aparecen xuntos nunha trama de misterio e intriga
que levará ao protagonista a afrontar unha condena máis dura có cárcere do que
fuxiu.
O filme viuse xa nos festivais de Málaga, Annency ou na edición deste ano do Festival de Sitges e conta cunha ampla nómina de galegos, entre eles o seu director, Fernando Cortizo, e os actores Carlos Blanco, Isabel Blanco, Francisco Oliveira Pico...
Unha boa proposta para esta fin de semana longa de Samaín. Para que vos animedes, deixámosvos o tráiler. Picade na imaxe e que vos guste!!