08/10/09

24 editoriais galegas expoñen en 'Liber'


A XXVII Feira Internacional do Libro Liber 2009 conta dende onte e até o venres con todas as novidades editoriais do continente europeo. Esta mostra, un dos eventos europeos máis importantes do sector, ten unha importante presenza galega. O stand oficial da Xunta, compartido coa Asociación Galega de Editores, conta coa presenza de 24 editoriais galegas.
Neste espazo os visitantes poderán coñecer as últimas novidades do mercado editorial galego a través de mesas redondas, coloquios e un amplo programa de actividades.

Sem comentários:

Publicar um comentário