05/10/09

María Reimóndez gaña o premio Plácido Castro de tradución


A escritora María Reimóndez, colaboradora de Xornal de Galicia, foi declarada onte gañadora da VIII edición do Premio Plácido Castro de Tradución en Lingua Galega polo seu traballo coa obra inglesa Mary Prince, unha escrava das indias occidentais, escrita pola propia Mary Prince en 1831. A decisión do xurado, reunido en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), foi tomada por unanimidade por tratarse “dun texto fundamental na loita pola abolición da escravitude no mundo” traducido ao galego por María Reimóndez no que constitúe a súa primeira versión nun idioma peninsular.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário