Mostrar mensagens com a etiqueta Teatro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Teatro. Mostrar todas as mensagens

08/03/13

Candido Pazó



Onte, 7 de marzo, todo alumnado de secundaria e algún membros do club de lectura de adultos desprazámonos ata Noia para asistir á representación da Memoria das memorias dun neno labrego. Case hora e media moi intensa, na que Candido Pazó nos levou de volta á década dos 40 para poder gozar coas historias que Balbino conta no libro de Neira Vilas e que previamente traballaramos todos nas aulas.
Non esquecemos agradecerlle á Asociación Liceo de Noia que nos deixara as súas instalacións para poder levar a bo termo a actuación. Mil grazas.




27/05/12

TEATRO EN LOUSAME



Este domingo estreouse A noite de Sabina interpretada polo grupo municipal de Teatro Afeccionado do concello de Lousame. Entre o reparto de actores había antigos alumnos do noso cole que, despois dun ano de esforzo e duros ensaios, escenificaron unha divertida obra que logrou que o público que alí estaba rira a cachón.
Para o curso vindeiro tentaremos telos no centro para poder gozar coas tres bruxas vellas que, nunha azotea, deciden unha noite de lúa chea facer unha xuntanza. O que ocorre é que non queren realizar algo malo, como ocorre acotío, senón que deciden facer algo bo. Aí entra en escena Sabina, unha rapaza pobre que vai pedir un desexo: vivir unha aventura romántica.
Xa non vos contamos máis, o resto terédelo que ver vós mesmos, seguide ao grupo e antes ou despois teredes outras actuacións nas vilas veciñas.
Pola nosa parte só nos queda darlle a noraboa a todas estas actrices e ao único actor que conseguiron sacarnos un sorriso nesta tarde chuviosa de maio.




02/02/12

Pelos na lingua

Hoxe asistimos no Salón Teatro de Santiago á representación teatral da obra "Pelos na lingua", a cargo da compañía Talía Teatro. Con moito humor e "sen pelos na lingua" vimos retratadas moitas situacións anómalas que vivimos os galegofalantes na nosa vida diaria  e os prexuízos contra os que aínda hoxe temos que seguir loitando. Iso si, entre gargallada e gargallada, porque é unha comedia moi divertida.
Os que asististes deixádenos a vosa opinión. Que vos pareceu a obra? Que pensades do que nos conta? 

07/05/10

Ánxeles Cuña gaña o Premio Max


A autora ourensá recibiu o premio no transcurso da Gala dos Premios Max de teatro que tivo lugar a pasada noite en Madrid. Dame veleno, eu tamén soñar, é unha montaxe na que Cuña, directora da compañía Sarabela Teatro, fai unha particular visión sobre a eutanasia e o dereito a morrer dignamente.

Parabéns!

25/03/10

'A Esmorga' triunfadora dos XIV María Casares, con cinco galardóns


O Teatro Rosalía de Castro de A Coruña acolleu onte á noite a gala de entrega da XIV edición dos Premios María Casares de Teatro. A adaptación teatral de 'A Esmorga' de Blanco Amor feita por Tarabela Teatro foi a triunfadora da noite ao conseguir cinco xerras –mellor espectáculo, actor secundario, escenografía, adaptación-tradución e iluminación. A outra montaxe que brillou na festa do teatro galego foi 'O segredo dos Hoffman', de Lagarta Lagarta, que foi distinguida con catro garlardóns –mellor música orixinal, actriz secundaria, actriz protagonista e dirección, distintivo este último que compartiu con 'Palabras encadeadas', de Talía Teatro.
Xa as vistes?
Opinade!

18/02/10

A Asociación de Actores recoñece o labor de Gonzalo Uriarte


A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) decidiu premiar a Gonzalo Uriarte co Premio de Honra Marisa Soto 2010 polo seu labor ao fronte da entidade. O actor foi o primeiro presidente da AAAG e figura clave nos inicios do teatro e do audiovisual en Galiza. O galardón entregaráselle durante a gala dos XIV Premios de Teatro María Casares o vindeiro 24 de marzo.

Coincidindo co 25 aniversario da súa constitución, a AAAG quere honrar así “na persoa de Gonzalo Uriarte non só a un excepcional actor cunha longa traxectoria nas artes escénicas, senón tamén simbolizar nel o recoñecemento a todos os profesionais que fixeron posíbel a fundación da AAAG”, comentou o presidente da Asociación, Vicente Montoto.

Opinade!

29/01/10

'As actas escuras' reúne a máis de 1.200 espectadores nas primeiras funcións


A nova montaxe do Centro Dramático Galego (CDG), 'As actas escuras', foi seguida por 1.252 espectadores nos seus primeiros pases no Salón Teatro de Santiago. Segundo a Agadic, (Axencia Galega das Industrias Culturais) esta obra sitúase entre as de maior ocupación das exhibidas pola compañía pública de teatro nos últimos anos.
Opinade!

13/01/10

A Escola de Arte Dramática abre a súa sede


A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) abre hoxe de maneira oficial as súa sede definitiva no polígono de Navia, en Vigo.

A apertura deste novo edificio prodúcese un ano despois do previsto debido a atrasos nas obras provocados pola fola do metal e a problemas diversos coas conexións ao subministro de luz, electricidade, gas e ao saneamento

O CDG recupera 'As actas escuras' baixo a dirección de Xúlio Lago


O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres no Salón Teatro de Santiago a obra de Roberto Vidal Bolaño 'As actas escuras'. A montaxe, dirixida por Xúlio Lago, estará en Santiago até o 7 de febreiro. Logo iniciará unha xira por Galiza.

09/12/09

Sector escénico galego teme un recorte nas contratacións dá rede


Ou sector escénico galego asegura que está a un paso de pechar. Ou seu mercado é fundamentalmente institucional e as distintas asociacións que agrupan aos profesionais aseguran que hai dúas ameazas botando sombra sobre ou futuro máis inmediato. A primeira delas é ou posible recorte do 30% do presuposto dá rede, a segunda é un recorte anunciado por Cultura sobre ou 24% dás axudas para produción.
Non primeiro dous casos a Agadic entende que haxa esa inquietude nas compañías porque, segundo Juan Carlos Fernández Fasero, responsable dá Axencia, «nalgún momento falamos de que ou recorte podía chegar a esa porcentaxe». Sinala Fasero que «de momento non é así e para ou primeiro semestre do 2010 as cifras son case as mesmas que non 2009