22/09/09

Tres galegos na carreira polo ‘Astrid Lindgren’

Tres autores galegos, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Juan Farias son candidatos a conseguir o premio Astrid Lindgren, o maior premio do mundo da literatura infantil e xuvenil, outrogado anualmente polo Consello Sueco das Artes (ALMA).
Dos tres candidatos galegos que optan ao Astrid Lidgren, dous deles escriben en lingua galega, Fina Casalderrey e Agustín Fernández Paz. Casalderrey é autora de obras como O misterio dos fillos de Lúa ou Un cabalo de lume, e gañou diferentes premios ao longa da súa carreira, como o Merlín ou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996.
Precisamente, o galardón deste ano receu noutro dos nominados, Agustín Fernández Paz, cuxa obra é amplamente coñecida e foi traducida a diferentes linguas. Entre os numerosos libros que ten publicados destacan Cartas de Inverno ou O centro do labirinto.
O último dos candidatos galegos, e se cadra o menos coñecido dos tres, é o coruñés Juan Farias, que como os dous anteriores tamén gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. A pesar de que comezou a escribir desde os anos 60, ata os 70 non entrou no mundo da literatura para os máis novos, para os que escribiu obras como Cuarenta niños y un perro ou El paso de los días.
Porén, Agustín Fernández Paz e Juan Farias non son novos nas quinielas deste importante premio; Fernández Paz xa estivo nominado ao
Astrid Lindgren na edición anterior e Farias tanto nesa convocatoria como en 2008.
Estaremos pendentes!

Sem comentários:

Enviar um comentário