24/09/09

A Mesa entrégalle a Pilar Farjas un método de lectoescritura en galego

O presidente da Mesa pola Normaización Lingüística, Carlos Callón, entregou esta mañá no Rexistro Xeral da Xunta, en San Caetano, varios libros en galego dirixidos á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, despois de que se negase a responder en lingua galega a unha entrevista na Televisión de Galicia.
Coa entrega do volume 'Sobre o racismo lingüístico' e dun "manual básico de aprendizaxe de galego para educación infantil, por se dubida que pode ser capaz de expresase con normalidade e fluidez en galego", A Mesa quixo denunciar as, na súa opinión, "actitudes de odio cara ao galego" do novo Goberno da Xunta.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário