18/09/09

Sete anos de Galiza a través do Carrabouxo


Vén de presentarse o volume 'Veña Carrabouxo', unha compilación de 425 viñetas que o debuxante Xosé Lois veu publicando nos xornais La Región e Atlántico Diario entre os anos 2001 e 2007, nas que bota un ollo a historia recente de Ourense e de Galiza.

O cambio climático, o botellón, a pílula do día despois, as vacas tolas, os incendios, o tabaco ou o baixo índice de nacementos no país son algúns dos temas sobre os que Xosé Lois reflexiona a través da retranca do seu personaxe máis destacado, o Carrabouxo, creado en 1982.
Editaranse un total de 4.000 exemplares que se destinarán tanto a venda directa como para bibliotecas e centros de ensino.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário