18/09/09

O Consello da Cultura Galega analizará en dous seminarios a situación de linguas cooficiais

O Consello da Cultura Galega (CCG) impulsou un 'Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia' e unhas xornadas de análises sobre a Carta Europea da Linguas Rexionais ou Minoritarias, co obxectivo de remediar a 'falta de reflexión sobre o galego e de coñecemento fundado sobre a súa situación'.
En rolda de prensa, o presidente do CCG, Ramón Villares, considerou "importante" a celebración de ambas as xornadas para "continuar ou explotar unha liña de traballo que –o Consello da Cultura Galega– realiza desde hai tempo", é dicir, a "atención de problemas sociolingüísticos e do uso da lingua".O secretario do CCG e coordinador do seminario sobre lingua, sociedade e política, Henrique Monteagudo, alertou de que "hai moita falta de reflexión sobre o galego e de coñecemento fundado sobre a súa situación", que considerou "un dos problemas que ten a política lingüística de Galiza, non de agora, senón desde sempre".
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário