18/09/09

Chegan ás librarías as novelas de Rosa Aneiros premiadas por Xerais


Nestes días comezan a chegar aos andeis das librarías o Premio Xerais de Novela 2009, Sol de Inverno, e o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009, Ás de bolboreta, ambas as dúas asinadas pola escritora e colaboradora de A Nosa Terra Rosa Aneiros.Sol de Inverno trátase dunha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que analiza o periplo vital dunha personaxe: Inverno, que relata a crueldade da guerra, as circunstancias da fuxida a Francia, o longo exilio cubano, a revolución castrista e mesmo a viaxe ao París do maio do 68.
O Premio Fundación Caixa Galicia 2009, Ás de bolboreta, presenta unha estrutura non xerarquizada, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela. Trátase dun relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.

Lémolas e opinamos?

Sem comentários:

Enviar um comentário