21/09/09

Queremos Galego aspira a igualar ou superar o éxito da marcha do 17-M

Dentro dun mes, o presidente da Xunta, vivirá a segunda gran protesta en contra da súa política lingüística. A plataforma Queremos Galego presenta esta mañá a manifestación a prol da lingua que convoca en Santiago de Compostela o vindeiro 18 de outubro. Será esta a anunciada mobilización de outono da que se falou aos poucos días da anterior marcha de protesta pola intención do Goberno galego de derrogar o decreto do bipartito sobre a lingua no ensino, que só obrigaba a impartir a metade das materias en cada un dos dous idiomas oficiais.
Estaremos pendentes desta manifa e alí estaremos !

Sem comentários:

Enviar um comentário