22/09/09

O presidente da RAG suxírelle ao arcebispado que use máis o galego no próximo ano santo

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, mantiveron onte a súa primeira reunión oficial, na que o próximo Xacobeo foi un dos temas principais. Varela sinalou que se aproveitará o ano santo para dar a coñecer a cultura e a lingua galegas en todo o mundo. «Ou meu compromiso é que durante as celebracións do Xacobeo sempre se fará unha mención especial á nosa cultura, e sobre todo á nosa lingua».
Precisamente, o presidente da RAG suxeriu ao Arcebispado de Santiago que nas miles de contestacións e ofrendas que a catedral fará con motivo do ano santo «se introduciran palabras e pequenos textos en galego, para que a xente que escoita decátese de que aquí tamén hai unha fala». Varela negou que haxa conflito entre o galego e o castelán, pero recordou que a prioridade da súa consellería é protexer e fomentar o galego.
Hai cousas que non se deberan ter que "suxerir", non?

Sem comentários:

Enviar um comentário