19/09/09

Cibeles vístese de «made in Galicia» nos seus 25 anos

A pasarela Cibeles celebrou onte o seu primeiro cuarto de século de historia. Vinte e cinco anos e cincuenta edicións, desdobradas na tempada de inverno e a de verán, que onte se deixaron felicitar nunha xornada inaugural copada polo deseño made in Galicia. E é que seis dos creadores que mostraron as súas propostas (tres na pasarela dos consagrados e outras tantas na dos noveis) eran galegos.
Pero as guindas do pastel de aniversario desta Cibeles foron, sen dúbida, Roberto Verino e Adolfo Domínguez, que regresaron á emblemática pasarela anos logo de abandonala e presentaron coleccións moi diferentes entre si pero igualmente aplaudidas.
Dende logo que xa se botaban en falta, que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário