04/07/09

O galego na capitanía marítima de Burela

Un informe da Avogacía do Estado recoñece o deber á utilización de 'as dúas linguas cooficiais -galego e castelán' na redacción de impresos, sinalización e carteis da capitanía marítima de Burela, logo da esixencia de tres traballadores que denunciaban 'incumprimentos e irregularidades' na aplicación da lexislación lingüística.
Concretamente, o texto fai referencia ao dereito dos funcionarios das capitanías marítimas de Galiza a "instruír os procedementos para os cales sexan competentes" tanto en galego como en castelán.
Así mesmo, sinala que os topónimos legalmente admisíbeis "son os sinalados pola Comunidade Autónoma Galega"; que a bandeira oficial da Comunidade Autónoma "debe ser utilizada nos edificios das capitanías marítimas do Estado xunto á bandeira estatal"; e que as dúas linguas oficiais "deben utilizarse na redacción dos impresos normalizados que se poñan a disposición dos cidadáns".

E isto teno que dicir a Avogacía do Estado? Que vos parece?

Sem comentários:

Enviar um comentário