30/06/09

A RAG adicará o 17 maio do 2010 a Uxío Novoneyra

O plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio próximo, Día ds Letras Galgas do 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.Con todo é, ao mesmo tempo, vangardista.
Fillo de labradores, naceu na montaña lucense, en Parada do Caurel, en 1930, e dedicou a súa obra a inmortalizar a bela paisaxe da serra.
Vinculado tamén ás vangardas, na súa obra destaca o lirismo da palabra.
A Real Academia Galega, ademais de elixir a Novoneyra para conmemorar o día das Letras do 2010, nomeou académico numerario ao tamén poeta Bernardino Graña.

Dende logo unha gran noticia!
Opinade!

Sem comentários:

Publicar um comentário