04/07/09

As tres universidades únense para fomentar o uso do galego no ensino

As tres universidades galegas enviaron o venres un comunicado no que informaban da constitución dunha Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística “que nace co compromiso do fomento do uso da lingua galega no espazo de educación superior”.
A creación desta comisión coincide nun momento no que parte da sociedade galega comeza a mobilizarse contra as políticas que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia con respecto ao uso do galego no ensino. Fontes das universidades aseguran que a iniciativa xorde neste momento, aínda que non motivada especialmente polas directrices que está a implantar a Conselleria de Educación. Non obstante, a intención desta comisión interuniversitaria é “rendibilizar recursos e homoxeneizar a planificación normalizadora neste ámbito”.
A comisión estará constituida polos tres reitores das univerdidades galegas, quenes ostentarán a presidencia de forma rotatoria por períodos dun ano. Actualmente, o reitor coruñés, José María Barja, é quen ostenta este cargo.

Alegrámonos de que a Universidade se implique no labor normalizador, nunca é tarde!!

Sem comentários:

Enviar um comentário