30/06/09

O fiscal superior de Galicia, foi nomeado fillo adoptivo de Cangas por galeguizar a Xustiza

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, defendeu que Cangas teña un peso importante na área metropolitana de Vigo. Reivindicouno no discurso que realizou con motivo do seu nomeamento como fillo adoptivo da vila. Varela asinou no libro de honra do Concello, nun acto celebrado no auditorio e ao que asistiron máis dun centenar de personalidades, entre elas o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Ángel Cadea; o xeneral da Garda Civil, Manuel Ferreiro ou o comisario xefe da Policía en Galicia, Luis García Mañá, para o que o homenaxeado tivo unhas elogiosas palabras.
Varela leva residindo en Cangas desde 1980 e o Concello destacou o seu papel na galeguización da Xustiza.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário