06/10/17

GARCÍA TEIJEIRO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL/XUVENIL

O outono chega cargado de premios para a nosa literatura. O Ministerio de Cultura, acaba de concederlle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ao escritor Antonio García Teijeiro,  polo seu libro Poemar o mar.. Teijeiro é un firme defensor da  poesía, que considera "un xénero tan maldito como necesario" 
Poemar o mar é, en palabras o autor,  "unha suma total das súas vivencias e lecturas en relación á auga mariña" na que se mesturan a emoción co ritmo e a musicalidade.

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO rendémoslle a nosa particular homenaxe por este premio do xeito que a el máis lle gusta, facendo poesía na aula. Logo colgamos o resultado no Taboleiro da lingua. Velaquí o resultado.



Sem comentários:

Publicar um comentário