01/10/17

COMEZAMOS O CURSO 17/18!

Aínda que xa hai quince días que empezamos, ata agora non conseguimos aterrar de todo. Pero xa estamos aquí, con ánimos renovados, para falar da nosa lingua e todo o que xira arredor dela: literatura, música, xente, agasallos, festas, gastronomía...
Este vai ser o curso de María Victoria Moreno, á que lle dedicamos a Festa das Letras, pero tamén nos agardan unha morea de novidades musicais, literarias e doutro tipo.
En nada xa estaremos enguedellados co  Samaín, os magostos  ou o nadal, pero pouco a pouco; de momento, outubro é mes de novidades literarias, como as que aquí vos deixamos. Algunhas estarán en breve na nosa biblioteca; preguntade por elas.




Sem comentários:

Enviar um comentário