15/04/10

O novo disco de Berrogüetto xa na biblioteca

Como hai uns días nos prometeron algúns cartos para o ENDL, saímos xa a mercar algúns CD´S e libros- CD novos para ofrecervos na biblioteca.
Xa podedes coller en préstamo cando queirades algunhas das novidades das que vos levamos falado ultimamente:
- O libro de cantigas infantís Tic tac.
- O conto musicado A nena e o grilo.
- O CD Cantigas do camiño, con temas dedicados ao camiño de Santiago dos nosos músicos e grupos máis coñecidos.
- E non podía faltar o último disco dun dos nosos grupos favoritos: Berrogüetto. Chámase Kosmogonías e é un traballo moi coidado, tanto na presentación como na música que contén.
Para que vos animedes a collelo, deixámosvos un vídeo cun tema feito a partir dun poema de Manolo Rivas no que se escoita a voz do novo cantante do grupo, Xabier Díaz, que vén substituír a Guadi Galego. Soa moi distinto, pero moi ben.
Premede e escoitade, a ver que vos parece.

1 comentário:

  1. Cunha coordinadora así da gusto! No falta detalle que está en todo!
    Que bonita a cantiga que nos puxeches, soa moi distinto pero moi ben.

    ResponderEliminar