18/04/10

Máis de 7.000 persoas en Pontevedra contra o novo decreto




Como vos anunciabamos o venres, Pontevedra acolleu este sábado o concerto organizado por Queremos Galego contra o novo decreto da lingua no ensino elaborado polo Goberno da Xunta, e contra a política lingüística que o PP está a aplicar. Máis de 7.000 persoas achegáronse á cidade do Lérez para escoitar os catorce grupos participantes que colaboraron desinteresadamente en defensa do galego. O acto foi un berro colectivo ao dereito a vivir en galego e a escoitar música na nosa lingua. Un dos momentos máis emotivos da noite foi cando Xosé Lois "O Carrabouxo" entoou dende o escenario "Mamá, eu quero galego, quero escribilo, quero falalo, na rúa e no colexio", acendendo o ánimo do público

Seguro que algún ou algunha de vós estivo por alí. Contádenos como o pasastes, porque había moi boa música e a xente tiña moitas ganas de pasalo ben!!

Sem comentários:

Enviar um comentário