08/10/09

Un novo dicionario de portugués incorpora 800 palabras do galego


Unhas 800 palabras galegas, segundo informou onte en nota de prensa a Academia Galega da Língua Portuguesa (AGLP), figuran no novo Vocabulário Ortográfico da Língua Portuguesa que a Porto Editora porá nas súas librarías asociadas o vindeiro 14 de outubro. A contribución galega xa fora presentada na Academia das Ciências de Lisboa, nunha sesión conxunta coa Academia Brasileira de Letras, o pasado 14 de abril, pero o dicionario, o primeiro de uso común con verniz galego, non se presentou até este mesmo luns, coincidindo coa celebración en Santiago do Seminario de Lexicoloxía da AGLP.

É o primeiro que se fai segundo o novo acordo ortográfico das academias dos países lusófonos

Sem comentários:

Enviar um comentário