12/10/09

Galeusca apoiará as mobilizacións na defensa da lingua

Este luns clausurouse en Arántzazu, Guipúscoa, o encontro Galeusca 2009, que reuniu escritores galegos, cataláns e vascos arredor do lema "Literaturas minorizadas, grandes desafíos". Despois de catro días de debates, presentaron as súas conclusións. O colectivo de escritores manifestou o seu apoio ás mobilizacións que terán lugar en Galiza, Euskadi e Países Cataláns na defensa dos dereitos lingüísticos e amosou o seu total desacordo coas accións regresivas con respecto á normalización lingüística adoptadas polo actual Goberno.

Sem comentários:

Enviar um comentário