14/09/09

Onda curta’ volve á grella da Televisión de Galicia


O programa que durante tres anos deu a coñecer a obra dos máis novos creadores audiovisuais de Galiza (máis de 250 curtas emitidas e máis de 140 videoclips) inicia a súa cuarta temporada coa emisión da curtametraxe ‘A Fábrica’ do director da Illa de Arousa Marcos Nine, un traballo documental que dá conta do esmorecemento da outrora puxante industria téxtil no Concello de Boiro.
Ademais o programa, que muda a súa data de emisión da noite dos domingos á noite dos luns, ofrecerá tamén o videoclip ‘A Infancia’, do grupo de rock de Ordes Kastomä, que vén de editar novo traballo: 'Almas da Noite'.

Estaremos pendentes para ir comentando cousas!

Sem comentários:

Publicar um comentário