14/09/09

Cen anos atrás, no Santiago de 1909

Con motivo do centenario da Exposición Rexional Galega, a Universidade de Santiago (USC) inaugurou onte no Colexio de Fonseca a mostra Santiago, 1909 que recupera 44 imaxes singulares do que foi o primeiro ano Xacobeo do século XX.
O xerente do Plan Xacobeo da Xunta, Ignacio Santos, destacou que foi a primeira vez que a cidade de Santiago recibiu “peregrinacións organizadas, ata algunhas delas do estranxeiro, procedentes de Inglaterra ou Alemaña”. Santos afirmou que con Santiago, 1909 mantense o perfil “espiritual e cultural” único de Galicia, “dinamizado de forma permanente por este feito histórico, vivo, que é a peregrinación xacobea”. A mostra que acolle Fonseca divídese en tres apartados temáticos, un dedicado á arquitectura e interiores dos pavillóns da sección contemporánea, outro centrado na sección arqueolóxica, e un terceiro titulado Xentes & actos, que amosa os visitantes ilustres, ademais dunha sección das actividades festivas, moitas delas realizadas polo artista coruñés Manuel Chicharro.
Ademais, Santos destacou que só se conserva o pavillón de recreo e artístico, que hoxe contén unha gardería no parque da Alameda.
Achegámonos a vela e comentamos?

Sem comentários:

Enviar um comentário