22/09/09

O debuxante Daniel Montero gaña o premio Castelao de cómic con «Sen mirar atrás»

O premio Castelao de Banda Deseñada que entrega a Deputación da Coruña recalou na súa quinta edición na obra Sen mirar atrás, «unha viaxe iniciático, como unha road movie, que leva ao seu protagonista a deixar atrás o pasado e a coñecer unha serie de personaxes que cambiarán a súa vida», segundo defínea o seu autor, Daniel Montero.
Montero, nacido en Catoira en 1977 aínda que reside actualmente na Coruña, puxo os seus pinceis ao servizo da produtora Dygra, colaborou en revistas como Golfiño e participa na organización do salón do cómic de Cangas.
Pedímolo para a nosa biblioteca?

Sem comentários:

Enviar um comentário