09/07/09

A última novela do Nobel Pamuk, en galego


Galaxia edita na nosa lingua esta obra, que polo de agora só se pode ler no seu orixinal turco e mais en alemán.A editorial viguesa vén de presentar a edición galega da última novela do Nóbel Orhan Pamuk, O museo da inocencia, unha obra que polo de agora só se pode ler en turco e alemán, ademais desta versión realizada por Bartug Aykam e María Alonso Seisdedos. Este éxito de Galaxia, que ten o compromiso de editar toda a obra do autor de Estambul, únese a outros recentes, como o de publicar as últimas entregas de Harry Potter ao mesmo tempo que a edición castelá, ou o de sacar á rúa as novidades de Murakami antes ca no resto das linguas peninsulares

Sem comentários:

Enviar um comentário