09/07/09

O mundo celta fai parada no Ortegal

Ortigueira convértese, dende este xoves e até domingo, na capital da música celta no seu 25 aniversario. A organización aspira a manter a capacidade de convocatoria e reunir 90 mil asistentes, a pesar da crise.
A partir deste xoves celébranse unha vintena de concertos de balde, cun cartel no que predominan as propostas artísticas chegadas de Escocia. Así, entre os cabezas de cartel destaca o gaiteiro Fred Morrison, a histórica Battlefield Band e Wolfstone. Pero ademais, a programación desta cita conta coa irlandesa The Michael McGoldrick Band e Bottine Souriante de Quebec.

Agora que moitos estades de vacacións, non deixedes de acudir a esta cita irrepetible e pasádeo ben! Mirade que cartel tan bonito sacaron esta edición!

Sem comentários:

Enviar um comentário