13/07/09

O Premio Biblos atopa en Arzúa unha nova promesa literaria



Pablo García Martínez, xornalista nacido en Arzúa hai 23 anos, é o gañador da quinta edición do Premio Biblos-Pazos de Galicia para autores de menos de 25 anos que se fallou este venres no transcurso dunha cea que tivo lugar na Casa Grande do Bachao, en Compostela. Presentou unha obra titulada provisionalmente 'Relato dun estalido xordo', que se converterá nos vindeiros meses nunha novela, nun proceso no que Pablo García contará coa axuda de Manuel Rivas, que exercerá de titor. A novela publicarase contra os últimos meses do ano en galego e en castelán. Zeltia Regueiro Fuentes, de Cambre, foi finalista do premio.O premio achégalle ao gañador unha escultura de Luís Loureira titulada A peneira dos soños, un ordenador portátil, así como a estadía ao longo do mes de outubro na Casa Grande do Bachao para ultimar a súa novela.
Noraboa ao gañador, agardamos que a súa novela sexa tan boa coma a de Berta, que nos gustara moitísimo.

Sem comentários:

Enviar um comentário