13/07/09

A Liga de Campións en galego desde agosto


Xa había ben tempo que non poñiamos nada na sección de deportes, pero pagou a pena a espera!
Por vez primeira, a competición futboleira europea chegará á grella da Galega o mes que vén. A FORTA amarrou os dereitos para tres anos.
De xeito estábel, a Galega vai retransmitir en aberto todas as xornadas dos mércores. Alén dos dous partidos de agosto, haberá seis da primeira fase de setembro a decembro, catro de oitavos en febreiro e marzo, dous enfrontamentos de cuartos, as semifinais en marzo e abril e, o sábado 22 de maio de 2010, a final desta Liga de Campións. Por outro lado, o 28 de agosto, a CRTVG tamén ofrecerá a Supercopa, que enfrontará o FC Barcelona e o Shakhtar Donets ucraíno. De xeito paralelo, a televisión pública galega estabeleceu programas especiais os martes e mércores de competición, onde fará peneira de goles, anécdotas e aconteceres diversos de cada xornada. Doutra banda, os partidos poderán seguirse tamén en todo o Estado a través do portal da galega en internet.
Aínda que non somos moi futboleiros, alegrámonos desta nova!! Noraboa pola decisión e a seguir así!!

Sem comentários:

Publicar um comentário