09/06/09

PROXIMAMENTE NOVO DISCO DE SUSANA SEIVANE

Coincidindo co X aniversario da edición do seu primeiro disco, a gaiteira e cantante Susana Seivane, lanza ao mercado o seu cuarto traballo 'Os soños que volven'. A súa paixón pola tradición, a súa longa experiencia nos escenarios do mundo, e a súa propia inquietude artística, conducen agora a Susana á recreación dos temas que interpretaba na súa infancia. Vellos sons rescatados desde unha perspectiva actual que é froito da forza dos seus directos dos últimos anos. Estas pezas ‘de toda a vida’, de engaiolante sinxeleza, son debuxadas, do xeito máis enxebre, pola gaita e a voz de Susana sobre un lenzo revestido de harmonías, ritmos e concepcións musicais contemporáneas e atrevidas. O disco, que estará formado por 14 temas que suman un total de case 70 minutos de música, será editado polo seu propio selo discográfico, Enavíes Música. A producción artística e arranxos corren a cargo de Susana e a súa banda que colaborou activamente na producción deste traballo. O novo disco de Susana Seivane sairá á venda a finais do mes de xuño.
Estaremos pendentes para comentalo!

Sem comentários:

Enviar um comentário