09/06/09

Díaz Pardo ingresa na Academia de Belas Artes


O creador e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo foi nomeado onte Académico Honorario pola Real Academia de Belas Artes, nunha cerimonia presidida por María de las Mercedes Goicoa Fernández, máxima responsable da institución, que pronunciou un discurso de recepción no que valorou a dilatada traxectoria dun home que o deu todo pola arte en Galicia, sendo probablemente a súa contribución máis popular os extendidos deseños para as cerámicas de Sargadelos.Díaz Pardo, fillo do intelectual galego Camilo Díaz Valiño –membro das Irmandades da Fala asasinado en 1936–, dixo sentirse contento pola distinción recibida por unha carreira que o levou tamén a colaborar con infinitude de revistas e xornais con textos teóricos e a refundar o Instituto de Estudos Galegos ou crear o Laboratorio de Formas, importantes institucións para o desenvolvemento da cultura galega

Sem comentários:

Enviar um comentário