Onte, 7 de marzo, todo alumnado
de secundaria e algún membros do club de lectura de adultos desprazámonos ata Noia
para asistir á representación da Memoria
das memorias dun neno labrego.
Case hora e media moi intensa, na que Candido Pazó nos levou de volta á década
dos 40 para poder gozar coas historias que Balbino conta no libro de Neira
Vilas e que previamente traballaramos todos nas aulas.
Non esquecemos agradecerlle á
Asociación Liceo de Noia que nos deixara as súas instalacións para poder levar
a bo termo a actuación. Mil grazas.
Sem comentários:
Enviar um comentário