07/05/15

Maimiño e o espello máxico

Unha suxestión para a fin de semana.
O venres estréase nos cines Maimiño e o espello máxico, a primeira película de animación galego-cubana.
Con máis de 60 copias nos cines de toda España, Maimiño lanzarase en cine comercial o 8 de maio nunha ambiciosa distribución a nivel nacional. Estreada en Cuba no 2014, converteuse con rapidez na película máis taquilleira da historia no país caribeño.
A película  conta coa participación de Televisión de Galicia, AGADIC, TVE e Ibermedia, e foi posible grazas á coprodución da empresa galega Ficción Producciones xunto aos Estudios de Animación do Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos de La Habana (ICAIC).
Maimiño, unha versión libre do autor cubano José Martí do conto de Pulgarcito, será previsiblemente a única película galega de animación que se presentará nas salas comerciais en este ano 2015.
Os actores galegos María Castro, María Pujalte, Antonio Mourelos, Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, Carlos Blanco, Tacho González, Luís Iglesia, Monti Castiñeiras, entre outros, foron os encargados de poñer voz á historia dun pequeno campesiño que para sacar a súa familia da pobreza inicia un longo camiño cheo de aventuras que tamén o levará a encontrar á princesa dos seus soños. Unha película que ensinará aos nenos que “o saber pode máis ca forza” e que ensalzará valores como o amor, a amizade, a honra e a xustiza social.
Para animarvos, o tráiler oficial:
 


 

Sem comentários:

Enviar um comentário