29/05/18

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO_CULTURAL II

E por fin o 28 de maio os alumnos e alumnas do IES As Bizocas (O Grove), acompañados dos seus profesores, devolvéronnos a visita e viñeron a Lousame. 
Logo de recibilos cun pequeno ágape e de escoitaren a benvida da nosa directora, dirixímonos ata as Minas de San Finx. Alí, Maite Sobradelo exerceu de guía explicándonos a historia das minas ata hoxe e amosándonos o Museo e a súa contorna.
A continuación, realizamos unha visita guiada polo Concello de Noia e o seu casco antigo e, para rematar, fomos visitar Castro Baroña, onde puidemos comer, facer algúns xogos e descansar antes de iniciar a viaxe de regreso ao colexio.
E alí chegou a hora das despedidas e da promesa de non perder o contacto. Foi unha experiencia fantástica que en cursos vindeiros  habería que repetir. Deixámosvos algunhas fotos para a lembranza.

INTERCAMBIO O GROVE II_MINAS,NOIA on PhotoPeach

INTERCAMBIO O GROVE II_BAROÑA, DESPEDIDA on PhotoPeach










Sem comentários:

Publicar um comentário