20/06/16

COMO SE CHAMA?

Este curso comezamos, coa pretensión de continuar nos vindeiros, unha actividade na que teñan cabida distintos campos semánticos. O obxectivo é ampliar o vocabulario galego que, en moitas ocasións, está esquecido ou directamente subsituído por castelanismos. Este ano traballamos co léxico da roupa. O alumnado de 5º de Primaria vestiuse con distintas pezas de roupa e o seu nome apareceu rotulado nas sucesivas imaxes. Coas distintas fotografías realizouse un vídeo ilustrativo da actividade que, nun futuro, será empregado nas aulas de todos os niveis, dende Infantil ata Secundaria. Para o vindeiro curso, un novo campo semántico, cal será?




Sem comentários:

Enviar um comentário