09/04/16

PROXECTO DRAGAL E CÉSAR CAMBEIRO






Seguimos co Proxecto Dragal e non paramos de traballar. Despois da visita da autora, agora tocou decorar o centro. Mirade como quedou a entrada das aulas de 3º ESO, xa temos a nosa particular cova, acabamos de recrear a morada do dragón.







Parece que Dragal semella estar moi a gusto entre o alumnado, igual nos engaiola e acabamos como Hadrián, o protagonista da novela.
Mirade as fotos e, cando vexades polo corredor ao noso profe de Plástica, dádelle as grazas pola súa inestimable colaboración e tamén os parabéns polo resultado.








Tamén recibimos na Casa da Cultura do concello a César Cambeiro, quen nos mantivo un bo anaco entretidos cos seis contos. Ata algún alumno/a se animou e saíu ao escenario. O certo é que rimos a cachón. Se queredes seguir o Proxecto Dragal clicade aquí e veredes os nosos vídeos. Se preferides acceder dende a páxina da nosa bibliotea, León de Libros, clicade no enlace da dereita.





Sem comentários:

Enviar um comentário