17/03/16

Visita de Francisco Castro e...



Alberto González. Ambos os dous, e en días consecutivos, visitaron o centro; escritor e xornalista amenizaron as mañás do mércores e do xoves ao alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO.
Francisco Castro veu para falarnos de dous libros que leramos este trimestre: Chamádeme Sinbad e O corazón de Branca de Neve. Mais non todo xirou ao redor da literatura e do acto de creación en si mesmo, senón que tamén nos falou de temas de actualidade moi interesantes e que a todos nos atinxen dalgunha maneira: a inmigración, a enfermidade do alzheimer, a probreza, os refuxiados, a lingua, o problema da anorexia e da imaxe nos adolescestes... e así poderiamos seguir, porque se algo ten Francisco é que fai as súas sesións moi amenas e o tempo con el voa.
O día rematou, como non podía ser doutro xeito, coa sinatura dos libros do alumnado.




Por outra banda, hoxe acompañounos Alberto González, xornalista que traballa n'A Voz de Galicia e que estivo con nós unhas dúas horas nas que nos falou de todo o que implica traballar para a redacción dun xornal. Comezou polo manual de estilo que todos os xornalistas teñen como libro de cabeceira, seguiu coa análise das noticias e aínda botamos unhas risas cos erros que aparecen nos titulares. Rematamos rapidamente con preguntas variadas que a súa intervención nos foi suscitando e fomos correndo para realizar o Canguro matemático. A verdade é que foi un día moi intenso.








Sem comentários:

Enviar um comentário