01/03/16

DRAGAL E HELENA GALLEGO



O noso centro participa este ano no Proxecto Dragal. Os alumnos de terceiro leron o libro Dragal I. A herdanza do dragón na primeira avaliación e neste trimestre comezaron a realizar  as actividades deste proxecto. Unha delas é un encontro coa escritora do libro, Elena Gallego e tivemos a sorte de que nos visitou o luns 29 de febreiro pola tarde.
Elena fixo unha amena exposición sobre a elaboración da novela e os temas que esta  trata. Os alumnos estiveron moi atentos, amosaron moito interese, fixeron preguntas e logo sacaron fotos con ela. Alumnos, profesorado asistente  e escritora pasamos unha hora e media moi entretida. 








Sem comentários:

Enviar um comentário