26/10/15

O NOSO SAMAÍN




Mirade como temos o centro, cheo de RATOS!!!! Pois con eles chegaron tamén as cabazas e desta vez son moi, moi orixinais. Nótase que traballastes todos arreo durante a fin de semana e que os vosos pais/nais colaboraron moito e que vos prestaron unha grande axuda. Xa están todos os vosos traballos colocados polos corredores do cole; agora só queda votar. Así que tedes todo o día de mañá para escoller a que máis vos guste e botar a vosa papeleta en cada unha das urnas que atoparedes ao lado das cabazas. Recordade que poderedes votar ata 4 veces: un voto para Infantil, un voto para 1º e 2º de Primaria, un voto para 3º e 4º de Primaria e un último para 5º e 6º de Primaria.
O xoves xa teremos gañadores e, como non, as súas caras aparecerán nesta mesma bitácora.

Moita sorte a todos/as e grazas polo voso estupendo traballo. Sen a colaboración de todos/as, incluídas as vosas familias, non poderiamos celebrar esta festa que forma parte da nosa tradición e da nosa cultura.
























1 comentário: