13/05/15

XINCANA DE FILGUEIRA VALVERDE


E como non podía ser doutro xeito, este 2015 tamén fixemos a nosa tradicional xincana adicada ao homenaxeado no día das Letras Galegas. O alumnado de 6º de primaria, en dúas quendas, foi realizando todas as probas: unha de fraseoloxía, outra de adiviñas, memorización dun poema de Filgueira Valverde, proba musical e, por último, tamén unha proba física. Tivemos gañadores, dende logo, mais todos /as recibiron un pequeno agasallo. Con isto, puxemos o noso pequeniño gran de area na celebración deste día importante para as nosas letras.

Para verdes o resto das fotos clicade en FILGUEIRA VALVERDE

Sem comentários:

Enviar um comentário