O 26 de marzo, o alumnado de 1º ESO e 2º C visitou as instalacións da
Compañía da Radio e Televisión de Galicia en San Marcos (Santiago de
Compostela). Nas instalacións da TVG coñeceron de preto o
traballo que hai detrás das imaxes e programas que ven nas súas casas.
Visitaron os platós de informativos e doutros programas e coñeceron os
seus elementos: luz, son, pantallas, cámaras,..
Logo de resolver
todas as dúbidas e curiosidades que tiñan foron tamén á radio, onde
puideron observar a emisión dun programa en directo e charlaron na
redacción cos periodistas que alí estaban e que amablemente lles
falarron do seu traballo. Algúns alumnos tiveron o privilexio de
adentrarse nos camerinos de perruquería e maquillaxe e outros viron como
é o roupeiro dos presentadores da tele.
Fixeron
fotos con Xabarín, cos protagonistas da serie Serramoura e, para
rematar a interesante xornada, charlaron con Xosé Ramón Gayoso.
temolo que repetir"."
ResponderEliminarPasámolo moi ben e coñecemos a unha persoa famosa!!!
ResponderEliminarUn día moi divertido ao lado dun personaxe de televión moi querido en Galicia
ResponderEliminar