09/02/15

ENTROIDO EN LOUSAME


Á espera de que chegue o venres e poidamos gozar dos marabillosos disfraces que todo o centro leva xa unhas semanas preparando, imos caldeando o ambiente e comezamos a traer os accesorios que nos manda o noso Meco. Estade atentos ao que debedes traer cada día, pero se alguén se atopa enfermo ou falta algún día, aí vos van as coplas do Meco:

-Para quedar dunha peza, o luns trae algo na cabeza.
-Se non queres acabar no cortello, o martes trae algo vermello.
-Se non queres ter piollos, o mércores trae algo nos ollos.
-Vale o pixama, pero o xoves trae algo co que durmas na cama.

E como este ano o noso PDI; "Alma de beiramar", convídanos a tratar o tema do mar, o centro decidiu disfrazarse de cabaliños de mar, submarinos, mergulladores, peixes.... e o noso Meco tenta dirixir tanto traballo, por iso o temos vestido de mariñeiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário