17/12/14

UN PASEO LITERARIO POR RIANXO

http://www.edu.xunta.es/centros/cpicernadascastro/node/909

A piques de rematar xa o trimestre e para relaxarnos despois de tantos exames, o alumnado de 3º e 4º ESO coordinado polo EDL fomos hoxe ata a vila veciña de Rianxo.
Para poñer o noso pequeno gran de area no PDI, "Alma de Beiramar", visitamos o Museo do Mar, a Casa museo de Manuel Antonio e para rematar demos un bo paseo por toda a vila. Percorremos as tres rúas que saen dende a Praza de Castelao: a de Arriba, a do Medio e a de Abaixo; chegamos á Praza de Rafael Dieste onde puidemos observar a balconada do Pazo do Martelo; vimos os escudos que había na rúa onde tamén se atopaba a casa de Castelao e Dieste; fomos ata o antigo Consistorio, chegamós á Praciña e á rúa de Paio Gomes Charinho, atravesamos o famoso "pasadizo" para poder medir as famosas "casas remo"; fomos xunto a capela de San Bartolomeu e observamos cada un dos monumentos que hai adicados aos nosos escritores máis célebres no paseo de Manuel Antonio. Dende logo, tamén sacamos unha fotografía xunto á "Manueliña".

No Museo do Mar, explicáronnos moi ben cada unha das técnicas de pesca e a historia da vila de Rianxo en relación coa explotación marítima.

En fin, unha mañá moi intensa que rematou cunha gran foto de grupo diante da Igrexa de Santa Comba, patroa de Rianxo.
Para ver a totalidade das fotos, ide á galería.

Dende logo, non hai que dicir que esperamos os vosos comentarios: que foi o que máis vos gustou? Que foi o que máis vos sorprendeu? Que aprendestes novo?






Sem comentários:

Enviar um comentário