13/11/14

XA TEMOS GAÑADOR!!!!




Definitivamente, despois de moitas deliberacións, xa temos gañador do concurso de microrrelatos. E podemos dicir gañador, porque é un rapaz: Raúl Alvar Romero de 4º ESO. Parabéns, e non só para o gañador, senón para todos os que fixestes posible a realización do concurso. Grazas a todos/as.

Aquí tedes o texto que, baixo o pseudónimo de "O segador", presentou o voso compañeiro:

"Laura comprobou que seus pais durmían, apagou a luz, atravesou o corredor ata chegar ao salón para ver a tele. De volta para a cama sentiu que alguén a perseguía.
Hai catro anos que rabuña as paredes do cuarto e os pais pensaban que eran as ratas."


En breve, entregarémoslle o seu agasallo e poderedes ver a foto. Estade atentos!!!



Sem comentários:

Enviar um comentário