14/01/14

CANTIGAS DE AMIGO


Un ano máis, e cumprindo coa tradición, os rapaces de 3º ESO elaboramos cantigas de amigo. Tentando respectar os recursos formais saíronnos estas belezas:



Despois de catro anos vexo o meu amigo,
Alá está sentado con cara de tontiño:
    Se soubese o que eu o amaba!

Despois de catro anos vexo o meu amado,
alá está sentado con cara de parviño:
    se soubese o que eu o amaba!

Alá está sentado con cara de tontiño,
o que tantas penas levou de neniño,
   se soubese o que eu o amaba!

Alá está sentado con cara de parviño,
o que tantas penas levou comigo:
   se soubese o que eu o amaba!

O que tantas penas levou de neniño,
era o máis bo de todos os amigos:
   se soubese o que eu o amaba!

O que tantas penas levou comigo,
era o máis bo de todos os de Bergantiños:
   se soubese o que eu o amaba!

                                               Ángel Lorenzo (3º A)


Eu queríache falar, meu amigo
por mensaxe ou calquera rede social
  pero atopábame sen batería.

Eu queríache falar, meu amado
por mensaxe ou unha chamada
  pero atopábame sen batería.

Por mensaxe ou calquera rede social
para dicirche meu amor.
  pero atopábame sen batería.

Por mensaxe ou unha chamada
para dicirche miña vida.
  pero atopábame sen batería.

Para dicirche meu amor
o que por ti sufro eu
  pero atopábame sen batería.

               
               

Para dicirche miña vida
o que por ti sofre a miña alma
  pero atopábame sen batería.


                                               José Ramón Ces  (3º B)

O meu amado foi ao mar,
non sei onde andará
nin sequera sei se volverá.

O meu amado foi navegar,
non sei onde estará
nin sequera sei se volverá.

Non sei onde estará,
xa tarda moito en chegar
nin sequera sei se volverá.

Non sei onde andará
xa tarda moito en chamar
nin sequera sei se volverá.

Xa tarda moito en chegar,
o meu amado non o atoparán
nin sequera sei se volverá.

Xa tarda moito en chamar,
o meu amado xa está a tardar
nin sequera sei se volverá.

                                    Paula Ares (3º B)

1 comentário:

  1. Boísimas, e a actualización das novas tecnoloxías... impagable!
    Susi

    ResponderEliminar