10/09/13

E COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

Case sen decatarnos, xa pasou un verán e está a piques de comezar un novo curso para todos, porque para os profes xa comezou... Benvidos ao 2013-2014.
E imos empezalo con música, para iniciar a andaina con ánimo. Unha suxestión musical para grandes e pequenos: o libro-disco Rosalía pequeniña.
E en relación con el,está en marcha o ciclo de concertos «Rosalía pequeniña», organizado pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración  coa editorial Galaxia. A cantante Uxía Senlle, acompañada do músico Sérgio Tannus, interpreta textos musicados con melodías «pegadizas, variadas e actuais», co obxectivo de que «os cativos canten en familia, durante e despois do concerto, textos en galego interpretados a ritmo de muiñeira, rock, balada ou de blues. A maioría dos textos deste proxecto son de Rosalía, aínda que tamén se inclúen de Curros Enríquez e Luis Emilio Batallán.

O espectáculo chegará a Lousame o 27 de outubro, non podedes faltar.
E para abrir boca, clicade na imaxe.

Sem comentários:

Enviar um comentário