21/09/12

Twitter en galego


Os usuarios galegos de Twitter estades de noraboa: en pouco tempo  esta rede social terá a súa versión na nosa lingua. O galego é unha das 16 linguas que se incorporan, xunto co irlandés, tamil, galés, serbio, búlgaro, kurdo, vietnamita, croata, romanés, letón, canarês, bielorruso, bengali, albanés e eslovaco.

Cando se comezou a falar da posibilidade de abrir o seu servizo a outras linguas, un grupo de internautas puxeron en marcha a iniciativa Twitter en Galego, co obxectivo de "activar a comunidade twitteira galega para reclamar a posibilidade de tradución ao galego facendo ver o peso que ten esta lingua no seu sistema e que hai un certo interese en dispoñer desta funcionalidade, ademáis de demostrar a dispoñibilidade dos usuarios para enfrontarse a unha tradución conxunta do sistema". 

 Dende o colectivo de persoas que iniciaron a campaña Twitter en galego sinalan a súa sorpresa por que esta boa nova chegase tan pronto.

Sem comentários:

Enviar um comentário