12/06/12

Dicionario inglés-galego

Nestes tempos de tanta obsesión polo inglés, os galegos temos unha  nova ferramenta moi útil: o Dicionario moderno inglés-galego, elaborado por un amplo equipo humano, no que destacan Alberto Álvarez Lugrís, Eva Díaz e Xavier Gómez Guinovart, o seu coordinador. A obra, realizada polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e publicada por 2.0 Editora, ten máis de vinte mil entradas e foi construída a partir dun corpus de traducións orixinal, sen pasar por outros dicionarios.
Para acceder á versión en liña, clicade na imaxe. Logo podes metelo nos vosos favoritos e usalo cando o precisedes.
Xa sabedes: que a desculpa non sexa falta de recursos.

1 comentário:

  1. Prezados amigos:

    Atopamos o voso blog procurando as referencias ó dicionario na rede. Moitas grazas por reseñalo e recomendalo!

    Unha aperta,
    Alberto
    http://paratraduccion.com/alugris/?p=903

    ResponderEliminar